


Coidamos cada unha das nosas pezas dende a selección da madeira ata a do aceiro en función do uso que teña o coitelo.
Ofrecemos madeiras das Unidades de xestión forestal da nosa comarca, nas que se procura un uso sustentable.
![]() |
| Uz. Fuente: Wikipedia |
As madeiras que se emplearon sempre foron a raĆz de Uz (erica arborea),Ā o apreciado boxe (buxus sempervivens). Ā Nós Ā engadimos unha madeira que nos gusta especialmente, a de abidueira (betula pendula).
![]() |
| Abidueira. Fuente: Wikipedia |
Cada pedazo de madeira foi cortado ca época correspondente mirando coidadosamente a fase da lúa, tal e como se fixo tradicionalmente.
Respetando e preservando as fragas.
![]() |
| Boxe. Fuente: Wikimedia Commmons |
En canto aos aceiros, traballamos tanto o aceiro carbono como o aceiro INOX de alta gama, demandado especialmente para uso na cociƱa.
Os coitelos da Fonsagrada eran particularmente famosos polo seu corte. Nós procuramos manter esa caracterĆstica incorporando novos aceiros, empregados en instrumental quirĆŗrxico, e inoxidables para favorecer a limpieza do instrumental na cociƱa, sen perder un Ć”pice da altĆsima calidade do afiado.
Comenzamos con ilusión esta nova etapa, onde queremos mostrarvos os nosos traballos, ideas e proxectos. Mostrarvos o cabo, o facer do artesÔn dende o obradoiro.
Elaboramos coitelos e navallas tradicionais da nosa zona, A Fonsagrada, na provincia de Lugo en Galicia.
A tradición do ferro na nosa comarca remóntase a finais do XVIII e comenzos do XIX.
Na Fonsagrada o ferro era parte da vida cotiÔ e da nosa cultura. Todos nós medramos con ferramentas na man forxadas por grandes mestres como Vicente da Porteliña e Oliverio de Queixoiro. Coitelos, fouces, fouciños, navallas e trompas de boca, fÔlannos dun saber facer da montaña.
O paso dos anos e novas épocas foron despoboando o mapa humano desta comarca. Coa despoboación, o esquecemento dunha forma de vida estreitamente vinculada Ô terra. Non queriamos que unha parte da nosa cultura desaparecera para sempre con eles, por iso emprendemos o labor de manter vivo o seu legado.
![]() |
| FotografĆa de Miguel MuƱĆz |
Recuperamos o coitelo de mesa mĆ”is caracterĆstico de Fonsagrada e a partir del, elaboramos unha liƱa de coitelos de cociƱa que non perdesen a sĆŗa esencia. Os mestres ferreiros da Fonsagrada caracterizĆ”ronse sempre por coidar o corte, afiado e acabado de cada unha das pezas. Os coitelos de Vicente son clara proba diso. Cada un dos nosos coitelos estĆ” elaborado baixo esa premisa.
A ilusión e o amor pola nosa terra estÔn en todas as nosas pezas.
A esencia do noso traballo estÔ en manter viva e dignificar, tanto a tradición herdada, como a materia prima da nosa terra mediante pezas elaboradas con
Polo que os materiais empregados son madeiras da zona nun uso sustentable, aceites naturais e aceiros de primeira calidade.