Un pouco de historia

Desde antigo a actividade vencellada ao ferro foi abundante nesta área, quedando vestixios mesmo na toponimia (A Fornaza procede de “forno”). Existen restos de explotacións mineiras romanas, con galerías nas proximidades de ríos e unha extensa rede de explotacións. A existencia posterior das coñecidas como ferreirías de monte, que procuraban áreas de exposición ao vento que contribuía a avivar o lume e favorecía a combustión do carbón vexetal, deixou como pegada xacementos de escorias.

Na primeira metade do século XVI, coa primeira das crises das ferreirías vascas pola
importación de ferro desde Rusia e Suecia, prodúcese unha emigración de ferreiros
vascos a Galicia que impulsaron o traslado das ferreirías desde os montes ás beiras dos ríos para aproveitar a enerxía da auga.

É a finais do XVIII e comezos do XIX cando se produce o maior auxe das ferreirías na área do Navia, propiciado por unha nova crise da siderurxia vasca debida ás guerras carlistas e á maior demanda de ferramentas agrícolas por mor da desamortización e o crecemento demográfico. Un exemplo sobranceiro deste esplendor é a ferreiría de Vilar da Cuíña, da que se constata a existencia arredor de 1784 co nome de “Buen Retiro” e que estaba dotada non só dun forno para a redución do mineral senón tamén de varios mazos ou machucos para darlle forma.

En paralelo a estas ferreirías existían mazos e forxas que transformaban o ferro en produtos comerciais: ferramentas agrícolas, clavos, bisagras, utensilios de cociña e mesmo instrumentos musicais. É abundante a toponimia alusiva a estas zonas de traballo. Actualmente existe un mazo en perfecto estado de conservación na Porteliña. Estes ferreiros empregaban técnicas de traballo tradicionais que foron substituídas pola
produción industrial, se ben perviven a día de hoxe artesáns que conservan este saber aplicándoo maioritariamente á produción de coitelos e navallas así como pequenos instrumentos de ferro como o birimbao. A pervivencia da ferreiría tradicional e da artesanía contribúe a mitigar a perda cultural das tradicións da área no actual proceso de despoboamento.

Desde antiguo la actividad unida al hierro fue abundante en esta área, quedando vestigios incluso en la toponimia (La Fornaza procede de “forno”). Existen restos de explotaciones mineras romanas, con galerías en las cercanías de ríos y una extensa red de explotaciones. La existencia posterior de las conocidas como herrerías de monte, que procuraban áreas de exposición al viento que contribuía a avivar el fuego y favorecía la combustión del carbón vegetal, dejó como huella yacimientos de escorias.

En la primera mitad del siglo XVI, con la primera de las crisis de las herrerías vascas por la importación de hierro desde Rusia y Suecia, se produce una emigración de herreros
vascos a Galicia que impulsaron el traslado de las herrerías desde los montes a las orillas de los ríos para aprovechar la energía del agua.

Es la finales del XVIII y comienzos del XIX cuando se produce el mayor auge de las herrerías en el área del Navia, propiciado por una nueva crisis de la siderurgia vasca debida a las guerras carlistas y a la mayor demanda de herramientas agrícolas por mor de la desamortización y el crecimiento demográfico. Un ejemplo singular de este esplendor es la herrería de Vilar de la Cuíña, de la que se constata la existencia alrededor de 1784 con el nombre de “Buen Retiro” y que estaba dotada no sólo de un horno para la reducción del mineral sino también de varios mazos o machucos para darle forma.

En paralelo la estas ferreirías existían mazos y forjas que transformaban el hierro en productos comerciales: herramientas agrícolas, clavos, bisagras, utensilios de cocina y mismo instrumentos musicales. Es abundante a toponimia alusiva la estas zonas de trabajo. Actualmente existe un mazo en perfecto estado de conservación en la Porteliña. Estos herreros empleaban técnicas de trabajo tradicionales que fueron sustituidas por la producción industrial, si bien perviven a día de hoy artesanos que conservan este saber aplicándolo mayoritariamente a la producción de cuchillos y navajas así como pequeños instrumentos de hierro como el birimbao. La pervivencia de la herrería tradicional y de la artesanía contribuye la mitigar a pérdida cultural de las tradiciones del área en el actual proceso de despoblamiento.